O que a ciencia non pode explicar
Aínda que os científicos estudaron tanto como puideron o Universo coñecido, hai moitas preguntas importantes que non poden responder.
Ten a ciencia unha explicación para a orixe do Universo e da vida? A verdade é que non. Algúns afirman que a cosmoloxía, unha rama da ciencia, pode explicar a orixe do Universo. Pero Marcelo Gleiser, profesor de astronomía na universidade de Dartmouth que ademais é agnóstico, comenta: “Non explicamos a orixe do Universo en absoluto”.
De maneira parecida, un artigo da revista Science News di sobre a orixe da vida: “Quizais sexa imposible determinar como empezou realmente a vida na Terra. A maioría dos rexistros xeolóxicos sobre o que pasou ó principio desapareceron hai moito tempo”.a Estas dúas declaracións demostran que a ciencia aínda non puido explicar como empezaron o Universo e a vida.
Pero é posible que te fagas as seguintes preguntas: “Se a vida na Terra foi deseñada, quen a deseñou? Ademais, se existe un Creador sabio e cariñoso, por que permite que os humanos suframos? Por que deixa que existan tantas relixións? Por que permite que os que din adoralo fagan tantas cousas malas?”.
Que a ciencia non poida responder a estas preguntas non significa que non existan respostas lóxicas. De feito, moitas persoas encontráronas na Biblia.
Gustaríache saber por que algúns científicos que dedicaron tempo a estudar a Biblia chegaron á conclusión de que existe un Creador? Visita jw.org e busca a serie de vídeos Opinións sobre a orixe da vida.
a Vol. 198, núm. 6, páx. 26, 26 de setembro de 2020. Artigo “Did Life Begin in a Place Like This?”, escrito por Jack J. Lee..