BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g21 núm. 3 páxs. 14-15
  • A resposta é importante

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A resposta é importante
  • Despertade! (2024)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Desfrutarás máis da vida
  • Encontrarás bos consellos
  • Poderás encontrar a resposta ás túas preguntas
  • Mirarás ó futuro con esperanza
  • Cal é a verdade acerca de Deus?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • A Biblia dános esperanza
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • A Biblia dános esperanza
    Desfruta da vida para sempre! Introdución ó curso da Biblia
  • Quen é Deus?
    Que nos ensina a Biblia?
Ver máis
Despertade! (2024)
g21 núm. 3 páxs. 14-15
Un grupo de amigos observando os animais que hai nunha árbore.

A resposta é importante

Por que é tan importante saber se existe un Creador? Porque se as probas te convencen da existencia dun Deus moi poderoso, quizais queiras investigar as evidencias de que a Biblia foi inspirada por el. E se chegas a confiar no que di a Biblia, poderás beneficiarte das seguintes maneiras.

Desfrutarás máis da vida

O QUE DI A BIBLIA: “[Deus fixo] cousas boas. Deulles chuvias do ceo, colleitas abundantes, suficiente comida e encheu os seus corazóns de alegría” (Feitos 14:17).

O QUE SIGNIFICA: Cada cousa da natureza da que desfrutas é un regalo do Creador. Valorarás incluso máis estes agasallos se descobres canto se interesa el por ti.

Encontrarás bos consellos

O QUE DI A BIBLIA: “Entón comprenderás a xusticia, a rectitude, a equidade e toda obra boa” (Proverbios 2:9, SBG).

O QUE SIGNIFICA: Como Deus é o teu Creador, sabe o que necesitas para ser feliz. Se analizas o que di a Biblia, atoparás consellos moi prácticos que te poden beneficiar xa agora.

Poderás encontrar a resposta ás túas preguntas

O QUE DI A BIBLIA: “Atoparaste co coñecemento de Deus” (Proverbios 2:5).

O QUE SIGNIFICA: Descubrir que existe un Creador pode axudarche a encontrar respostas a preguntas moi importantes, como por exemplo: Cal é o propósito da vida? Por que hai tanto sufrimento? Que pasa cando morremos? Atoparás respostas convincentes na Biblia.

Mirarás ó futuro con esperanza

O QUE DI A BIBLIA: “Soamente eu coñezo os proxectos que eu planeo para vós —é o Señor quen fala—, proxectos de fartura e non de desgracia, de darvos un porvir e unha esperanza” (Xeremías 29:11).

Mira en jw.org os vídeos Podemos confiar no que di a Biblia? e Quen é o autor da Biblia? Podes atopalos escribindo “autor da Biblia” no cadro de busca.

O QUE SIGNIFICA: Deus promete que no futuro eliminará a maldade, o sufrimento e incluso a morte. Se confías no que Deus promete, terás o valor que necesitas para enfrontarte ós teus problemas.

Como lles axudou a algúns saber que existe un Creador

Cyndi.

“Non deixa de sorprenderme ver como Deus me axuda en tantos aspectos da vida. Por exemplo, axúdame a fixar as miñas prioridades, a resolver conflitos e a velo como un amigo” (Cyndi, Os Estados Unidos).

Elise.

“Crer que Deus existe fai que a miña vida sexa interesante e satisfactoria. Como sempre hai algo novo que aprender sobre el, sobre as cousas que creou e sobre a súa Palabra, nunca me aburro” (Elise, Francia).

Peter.

“Aplicar o que o noso Creador nos ensina na Biblia faime ser unha persoa máis feliz. Agora son menos crítico, preocúpome máis por outros, síntome máis contento e son mellor pai” (Peter, Países Baixos).

Liz.

“Antes, a miña vida era un círculo vicioso: comía, durmía e ía correndo ó traballo. Non vivía, só sobrevivía. Agora vexo a vida como un fermoso regalo que se nos fixo para que o desfrutemos e o valoremos” (Liz, Estonia).

Adrien.

“Son unha persoa que sempre está preocupada. Pero saber que chegará o día no que desaparecerá a maldade, a inxustiza e o sufrimento, axúdame a seguir adiante” (Adrien, Francia).

A Biblia responde ás preguntas máis importantes da vida. Mira o vídeo Por que estudar a Biblia? (versión longa).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir