BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwbq artigo 78
  • Existe Deus?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Existe Deus?
  • Preguntas sobre a Biblia
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O que di a Biblia
  • A Biblia, un libro que vén de Deus
    Que nos ensina a Biblia?
  • O que nos di o Universo
    Despertade! (2024)
  • Cal é a verdade acerca de Deus?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Quen é Deus?
    Que nos ensina a Biblia?
Preguntas sobre a Biblia
ijwbq artigo 78
Unhas raiolas de Sol entre as nubes.

Existe Deus?

O que di a Biblia

Si, a Biblia dános probas convincentes que demostran que si existe. Anímanos a examinalo todo para cultivar fe en Deus e non crer cegamente o que afirman as relixións (1 Tesalonicenses 5:21; 1 Xoán 5:20). Cales son algunhas das razóns que nos dá a Biblia para crer que Deus existe?

  • A existencia dun Universo no que hai orde e tamén vida indica que ten que haber un Creador. A Biblia di: “Porque toda casa ten un constructor, pero o que constrúe todo é Deus” (Hebreos 3:4). Malia que este argumento poida parecer simple, moitas persoas estudadas pensan que é convincente.a

  • Os humanos temos o desexo natural de entender cal é o sentido da vida. É un desexo que deixa un gran baleiro se non o satisfacemos. Por iso a Biblia fala dun tipo de fame que non é física, senón espiritual, e que implica a necesidade de coñecer e adorar a Deus (Mateo 4:4; Apocalipse 4:11). Esta fame ou necesidade espiritual non só demostra que Deus existe, senón que é un Creador que nos quere e que nos dá todo o necesario para cubrila.

  • A Biblia contén profecías moi precisas que se cumpriron con todo detalle séculos despois de ser escritas. O feito de que se cumprisen con tanta exactitude demostra que veñen de alguén superior ós humanos (2 Pedro 1:21).

  • O planeta Terra visto dende o espazo.

    Os escritores da Biblia tiñan coñecementos científicos moi avanzados para a súa época. Por exemplo, moitas civilizacións antigas crían que a Terra se sostiña sobre un elefante, un xabaril, un touro, ou algún outro animal. Pero a Biblia di que Deus “pendurou a terra sobre a nada” (Xob 26:7). Tamén di que a Terra ten forma de orbe, ou globo (Isaías 40:22). Moitas persoas pensan que a explicación máis lóxica para estes coñecementos tan avanzados é que Deus llelos deu.

  • A Biblia dálles resposta a moitas preguntas difíciles que, se non se responden ben, poden levar a alguén a facerse ateo. Algunhas delas son: Se Deus é tan bo e todopoderoso, por que hai tanta maldade e sufrimento? Por que leva causado tanto mal a relixión? (Tito 1:16).

a Por exemplo, o astrónomo Allan Sandage dixo do Universo: “Coido que é moi improbable que unha orde así viñese do caos. Ten que haber leis que controlen esa orde. Para min Deus é un misterio, pero é a explicación do milagre da existencia, o porqué das cousas”.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir