Venres 31 de outubro
O propio Pai vos ama, pois vós amástesme a min, e crestes que eu saín de Deus (Xoán 16:27).
Xehová busca maneiras de demostrarlles ós seus servos que os ama e que está contento con eles. Na Biblia menciónanse dúas ocasións nas que lle dixo a Xesús que o quería e que tiña a súa aprobación (Mat. 3:17; 17:5). Gustaríache que Xehová che confirmase que tes o seu favor? É certo que na actualidade non podemos oír a Deus falándonos dende o ceo, pero podemos “escoitalo” a través das páxinas da Biblia, como por exemplo nos Evanxeos. Xesús imitaba á perfección a personalidade de seu Pai. Así que, cando lemos as cariñosas palabras de aprobación que Xesús lles dicía ós seus discípulos é coma se puidésemos “escoitar” a Xehová dicíndonolas a nós (Xoán 15:9, 15). Que pasemos por probas non significa que perdésemos a aprobación de Deus. Máis ben, estas situacións dannos a oportunidade de demostrarlle que o queremos moito e que confiamos nel (Sant. 1:12). w24.03 páx. 28 pars. 10, 11
Sábado 1 de novembro
Fixeches que saíse louvanza da boca dos nenos e dos meniños (Mat. 21:16).
Se tes fillos pequenos, axúdalles a preparar comentarios apropiados para a súa idade. Ás veces, nas reunións fálase de asuntos máis delicados, coma os problemas no matrimonio ou temas morais. Pero é probable que haxa un parágrafo ou dous nos que o neno si que poida comentar. Ademais, axúdalles a entender por que é probable que non lles dean comentario cada vez que levanten a man. Isto ensinaralles a non desanimarse cando escollan a outros en vez de a eles (1 Tim. 6:18). Todos podemos preparar comentarios que animen os nosos irmáns e que lle dean honra a Xehová (Prov. 25:11). Aínda que de vez en cando podemos comentar algunha experiencia persoal breve, debemos evitar falar demasiado de nós mesmos (Prov. 27:2; 2 Cor. 10:18). O que queremos é centrarnos en Xehová, na súa Palabra e no seu pobo como conxunto (Apoc. 4:11). w23.04 páxs. 24-25 pars. 17, 18
Domingo 2 de novembro
Non adormezamos coma os demais; máis ben, esteamos vixiantes e manteñámo-lo propio control (1 Tes. 5:6).
O amor é fundamental para estar despertos e manter o bo xuízo (Mat. 22:37-39). O amor que sentimos por Deus axudaranos a seguir predicando sen importar os problemas que poidan xurdir (2 Tim. 1:7, 8). Como tamén amamos as persoas que non serven a Xehová seguimos predicando, incluso por carta ou por teléfono. E non perdemos a esperanza de que algún día cambien a súa actitude e comecen a servir a Xehová (Ezeq. 18:27, 28). Tamén amamos os nosos irmáns e irmás. Demostramos ese amor cando poñemos en práctica as seguintes palabras: “Aconselládevos e confortádevos uns a outros” (1 Tes. 5:11). Igual que un soldado apoia o seu compañeiro no combate, nós tamén nos animamos uns ós outros. Non queremos ferir intencionadamente os nosos irmáns nin devolverlles mal por mal (1 Tes. 5:13, 15). Tamén demostramos amor cando respectamos os que dirixen a congregación (1 Tes. 5:12). w23.06 páx. 10 par. 6; páx. 11 pars. 10, 11