Mércores 30 de xullo
Non podemos deixar de falar das cousas que vimos e oímos (Feit. 4:20).
Podemos imitar os discípulos do primeiro século se seguimos predicando incluso cando as autoridades nos ordenan que deixemos de facelo. Nós tamén podemos estar convencidos de que Xehová nos axudará a cumprir co labor de predicar. Polo tanto, oremos para pedirlle que nos dea valor e sabedoría e para que nos axude a afrontar as dificultades. Moitos estamos pasando por problemas emocionais ou físicos, perdemos algún ser querido, temos unha situación familiar complicada, sufrimos persecución ou afrontamos algunha outra dificultade. E cousas como as pandemias e as guerras fixeron que moitos destes problemas se volvesen aínda máis difíciles de levar. Que nos pode axudar? Ábrelle o teu corazón a Xehová. Cóntalle a situación pola que estás pasando, igual que lla contarías a un bo amigo. Podes estar seguro de que Xehová che vai axudar (Sal. 37:3, 5). Orar con constancia axudaranos a aguantar as dificultades (Rom. 12:12). Xehová sabe polo que están pasando os seus servos, el “escoita o seu pranto” (Sal. 145:18, 19). w23.05 páxs. 5-6 pars. 12-15
Xoves 31 de xullo
Seguide tendo en conta o que agrada ó Señor (Ef. 5:10).
Cando temos que tomar decisións importantes, necesitamos tratar de comprender “cal é a vontade do Señor” e despois actuar de acordo con ela (Ef. 5:17). En realidade, cando buscamos os principios bíblicos que aplican en cada situación, estamos tratando de descubrir a forma de pensar de Deus sobre un asunto. E se os aplicamos, poderemos tomar boas decisións. Ó noso inimigo Satanás, o “Maligno”, gustaríalle ternos tan ocupados coas cousas que ofrece este mundo que non tivésemos tempo para servir a Xehová (1 Xoán 5:19). Sería moi fácil para un cristián centrarse nas cousas materiais, nos estudos ou no traballo en vez de no seu servizo a Xehová. Se deixamos que isto ocorra, estariamos demostrando que a forma de pensar do mundo nos afecta. Por suposto, estas cousas non teñen nada de malo, pero nunca deberían ocupar o primeiro lugar na nosa vida. w24.03 páx. 24 pars. 16, 17
Venres 1 de agosto
Moitas son as dificultades do xusto, pero Xehová libérao de todas elas (Sal. 34:20 [34:19, TNM]).
Fíxate en dúas ideas importantes deste salmo: 1) As persoas xustas enfróntanse a problemas. 2) Xehová libéranos das nosas dificultades. Como o fai? Unha maneira é axudándonos a ter un punto de vista realista da vida neste sistema. Aínda que el nos promete que servilo nos fará felices, non nos asegura que non vaiamos ter problemas na vida (Is. 66:14). Ademais, Xehová tamén nos anima a centrarnos no futuro, na clase de vida que el quere que desfrutemos para sempre (2 Cor. 4:16-18). Mentres ese momento non chega, el axúdanos a seguir servíndoo cada día (Lam. 3:22-24). Que podemos aprender dos exemplos de servos fieis de Xehová, tanto do pasado como dos nosos días? É probable que pasemos por problemas inesperados. Pero, se confiamos en Xehová, el sempre nos axudará (Sal. 55:22, TNM). w23.04 páxs. 14-15 pars. 3, 4