BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w24 marzo páxs. 26-31
  • Como podes estar seguro de que tes a aprobación de Xehová?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como podes estar seguro de que tes a aprobación de Xehová?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • POR QUE SENTEN ALGÚNS QUE NON TEÑEN A APROBACIÓN DE XEHOVÁ?
  • COMO NOS FAI SABER XEHOVÁ QUE ESTÁ CONTENTO CON NÓS?
  • DE QUE OUTRAS MANEIRAS PODEMOS SABER QUE XEHOVÁ NOS DÁ A SÚA APROBACIÓN?
  • Sexamos humildes e aceptemos que hai cousas que non sabemos
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Xehová cura “os corazóns quebrados”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Xehová quérete moito
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Que nos ensina o rescate?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
w24 marzo páxs. 26-31

ARTIGO DE ESTUDO 13

CANCIÓN sjj 127 A persoa que quero ser

Como podes estar seguro de que tes a aprobación de Xehová?

“En ti me comprazo” (LUC. 3:22).

OBXECTIVO

Axudarnos a estar seguros de que temos a aprobación de Xehová.

1. Contra que tipo de sentimentos loitan algúns servos fieis de Xehová?

QUE animador é saber que Xehová aproba o seu pobo como conxunto! A Biblia di: “O Señor ama o seu pobo” (Sal. 149:4). Pero, ás veces, poderiamos estar desanimados e preguntarnos: “Estará Xehová contento comigo individualmente?”. Moitos servos de Deus de tempos bíblicos tamén tiveron que loitar contra sentimentos parecidos nalgún momento da súa vida (1 Sam. 1:6-10; Xob 29:2, 4; Sal. 51:13 [51:11, TNM]).

2. Quen ten a aprobación de Xehová?

2 A Biblia deixa claro que, aínda que somos humanos imperfectos, podemos conseguir a aprobación de Xehová. Como? Demostrando fe en Xesucristo e bautizándonos (Xoán 3:16). Ó facelo, mostramos publicamente que nos arrepentimos dos nosos pecados e que lle prometemos a Deus que cumpriremos a súa vontade (Feit. 2:38; 3:19). A Xehová agrádalle que deamos estes pasos para achegarnos máis a el. Se nos esforzamos ó máximo por cumprir coa nosa promesa de dedicación, compraceremos a Xehová e el consideraranos os seus amigos (Sal. 25:14).

3. Que preguntas imos contestar agora?

3 Entón, por que senten algúns ás veces que non teñen a aprobación de Xehová? Como nos fai saber el que está contento con nós? E como pode un cristián estar seguro de que ten a aprobación de Deus?

POR QUE SENTEN ALGÚNS QUE NON TEÑEN A APROBACIÓN DE XEHOVÁ?

4, 5. Incluso se loitamos contra unha baixa autoestima, de que podemos estar seguros?

4 Algúns de nós loitamos dende nenos contra os sentimentos que provoca unha baixa autoestima (Sal. 88:16 [88:15, TNM]). Un irmán chamado Adrián di: “Sempre me sentín pouca cousa. Recordo que cando era moi pequeniño oraba para que a miña familia pasase ó Paraíso, aínda que estaba convencido de que eu non merecía estar nel”. Tony, que non se criou nunha familia de testemuñas de Xehová, di: “Meus pais nunca me dixeron que me querían nin que estaban orgullosos de min. Sempre me daban a entender que non facía suficiente”.

5 Se ás veces sentimos que non valemos para nada, recordemos que foi Xehová quen nos trouxo a el (Xoán 6:44). El coñece o noso corazón e pode ver as boas cualidades que temos, aínda que quizais nós mesmos non as vexamos (1 Sam. 16:7; 2 Crón. 6:30). Así que o podemos crer cando nos di que somos moi valiosos ós seus ollos (1 Xoán 3:19, 20).

6. Como se sentía o apóstolo Paulo cando pensaba nos pecados que cometera no pasado?

6 Antes de coñecer a verdade, algúns de nós practicamos cousas que quizais aínda nos fan sentir culpables (1 Ped. 4:3). E outros cristiáns fieis quizais teñan que seguir loitando contra malas tendencias. E que hai de ti? Tamén sentes ás veces que non mereces o perdón de Xehová? Se é así, animarate moito saber que houbo outros servos fieis de Deus que loitaron contra sentimentos parecidos. Por exemplo, cando o apóstolo Paulo pensaba nas súas debilidades, desanimábase moito (Rom. 7:24). El arrepentírase dos seus pecados e bautizárase pero, aínda así, dicía que era “o menor dos apóstolos” e “o primeiro” dos pecadores (1 Cor. 15:9; 1 Tim. 1:15).

7. Que debemos recordar en canto ós pecados que cometemos no pasado?

7 O noso Pai celestial prométenos que nos vai perdoar se nos arrepentimos (Sal. 86:5). Así que se sentimos verdadeiro pesar polos pecados que cometemos, podemos confiar en que Deus nos perdoou, tal e como nos prometeu (Col. 2:13).

8, 9. Como podemos superar o sentimento de que non facemos o suficiente para agradarlle a Xehová?

8 Todos queremos dar o máximo posible no noso servizo a Xehová. Pero quizais sintamos que nunca faremos o suficiente para merecer a súa aprobación. Unha irmá que se chama Amanda conta: “Normalmente penso que darlle o mellor a Xehová significa que sempre teño que facer máis do que fago. A miúdo esíxome máis do que podo dar. E, cando non logro cumprir coas miñas expectativas, dou por sentado que Xehová está tan decepcionado comigo coma o estou eu”.

9 Como podemos superar o sentimento de que non facemos o suficiente para agradarlle a Xehová? Recorda que el non é un Deus inflexible, nin difícil de contentar. Máis ben é razoable e nunca nos esixe máis do que podemos dar. Valora moito todo o que facemos por el, sempre que lle deamos o mellor de nós. Outra cousa que nos pode axudar é meditar no exemplo de personaxes da Biblia que serviron a Xehová de todo corazón. Pensa, por exemplo, no apóstolo Paulo. Traballou moi duro durante anos viaxando miles de quilómetros e fundando moitas congregacións. Pero, perdería a aprobación de Deus cando cambiaron as súas circunstancias e xa non puido facer tanto coma antes? Non. El continuou facendo todo o que podía, e Xehová bendiciuno (Feit. 28:30, 31). De maneira parecida, quizais non sempre poidamos facer o mesmo no servizo a Xehová. Pero, para el o máis importante son os motivos que hai detrás do que facemos. Vexamos algunhas maneiras nas que Xehová nos fai saber que está contento con nós.

COMO NOS FAI SABER XEHOVÁ QUE ESTÁ CONTENTO CON NÓS?

10. Como podemos “escoitar” a voz de Xehová dicíndonos que temos o seu favor? (Xoán 16:27).

10 Mediante a Biblia. Xehová busca maneiras de demostrarlles ós seus servos que os ama e que está contento con eles. Na Biblia menciónanse dúas ocasións nas que lle dixo a Xesús que o quería e que tiña a súa aprobación (Mat. 3:17; 17:5). Gustaríache que Xehová che confirmase que tes o seu favor? É certo que na actualidade non podemos oír a Deus falándonos dende o ceo, pero podemos “escoitalo” a través das páxinas da Biblia, como por exemplo nos Evanxeos. Xesús imitaba á perfección a personalidade de seu Pai. Así que, cando lemos as cariñosas palabras de aprobación que Xesús lles dicía ós seus discípulos é coma se puidésemos “escoitar” a Xehová dicíndonolas a nós (le Xoán 16:27; 15:9, 15).

Unha irmá lendo a Biblia na súa casa.

Xehová demóstranos a súa aprobación de moitas maneiras (ver o parágrafo 10).


11. Por que pasar por probas non significa que perdésemos a aprobación de Xehová? (Santiago 1:12).

11 Mediante as súas accións. Xehová está desexando axudarnos. Unha das formas nas que o fai é dándonos o necesario en sentido material. Pero ás veces permite que nos pasen cousas malas, como no caso de Xob (Xob 1:8-11). Que pasemos por probas non significa que perdésemos a aprobación de Deus. Máis ben, estas situacións dannos a oportunidade de demostrarlle que o queremos moito e que confiamos nel (le Santiago 1:12). E, ó mesmo tempo, permítennos ver como el nos axuda a aguantar, canto nos quere e como nos coida.

12. Que che ensina a experiencia de Dmitrii?

12 Vexamos o caso dun irmán de Asia, chamado Dmitrii, que perdeu o seu emprego. Os meses ían pasando e non conseguía encontrar outro. Así que decidiu dedicar máis tempo á predicación e, desta maneira, demostrar que confiaba en Xehová. Pero os meses pasaban e el seguía sen traballo. Aínda por riba, veulle unha enfermidade grave e chegou a estar encamado. Entón, empezou a dubidar de se estaba cumprindo ben co seu papel como pai e marido, e a preguntarse se perdera a aprobación de Xehová. Pero, unha tarde, a súa filla escribiulle nunha folla de papel as palabras de Isaías 30:15 (TNM): “A vosa forza dependerá de que manteñades a calma e demostredes confianza”. Levoulla á cama e díxolle: “Papá, cando te sintas mal podes recordar o que di este texto”. Dmitrii deuse conta de que, grazas a Xehová, á súa familia non lle faltaba alimento, nin roupa, nin un lugar onde vivir. “O que tiña que facer”, dixo el, “era manter a calma e seguir confiando no meu Deus”. Se ti tamén estás pasando por unha proba parecida, podes ter a seguridade de que lle importas moito a Xehová e de que che axudará a aguantar.

Un irmán encamado agarrando unha folla de papel mentres a súa filliña lle colle a man.

Xehová demóstranos a súa aprobación de moitas maneiras (ver o parágrafo 12)a


13. A quen pode usar Xehová para expresarnos a súa aprobación, e como?

13 Mediante os nosos compañeiros cristiáns. Xehová usa os nosos irmáns e irmás para expresarnos a súa aprobación. Quizais motive algúns deles para dicirnos palabras animadoras xusto cando máis o necesitamos. Isto foi o que lle sucedeu a unha irmá de Asia cando estaba pasando por un momento de moita angustia. Ela perdera o traballo e enfermara gravemente. Despois o seu home cometeu un pecado grave e tivo que deixar de ser ancián. “Non entendía por que me estaba sucedendo todo isto”, dixo ela. “Cheguei a pensar que quizais eu fixera algo mal e que Xehová xa non seguía aceptando a miña adoración”. A nosa irmá suplicoulle a Deus que lle demostrase que seguía tendo o seu favor. E que fixo el? Ela explica: “Os anciáns da congregación viñeron falar comigo e axudáronme a ver que Xehová me seguía querendo”. Pero máis adiante, a irmá volveu pedirlle a Deus que lle confirmase o seu amor. “Ese mesmo día recibín unha carta dun grupiño de irmáns e irmás da congregación”, conta ela. “Mentres lía as palabras tan animadoras que me escribiran, sentía que Xehová me escoitara”. Moitas veces o noso Deus confírmanos o contento que está con nós a través das palabras amables dos nosos irmáns (Sal. 10:17).

Dous anciáns visitando unha irmá na súa casa. Teñen as Biblias abertas mentres falan con ela.

Xehová demóstranos a súa aprobación de moitas maneiras (ver o parágrafo 13).b


14. De que outra forma nos demostra Xehová a súa aprobación?

14 Xehová tamén nos demostra a súa aprobación usando os nosos irmáns para darnos consellos cando os necesitamos. Por exemplo, no primeiro século, valeuse do apóstolo Paulo para escribirlles ós cristiáns 14 cartas inspiradas. Estas cartas incluían consellos firmes pero cariñosos. Por que inspirou Xehová a Paulo para que os escribise? Porque, como é un bo Pai, corrixe os seus queridos fillos (Prov. 3:11, 12). Así que se nos dan un consello baseado na Biblia, en vez de pensar que Xehová non está contento con nós, vexámolo como unha mostra de que temos o seu favor (Heb. 12:6). Hai algunha maneira máis de saber que Xehová nos dá a súa aprobación?

DE QUE OUTRAS MANEIRAS PODEMOS SABER QUE XEHOVÁ NOS DÁ A SÚA APROBACIÓN?

15. A quen lle dá Xehová o seu espírito santo, e por que nos dá isto confianza?

15 Xehová dálles o seu espírito santo a aqueles que aproba (Mat. 12:18). Poderiamos preguntarnos: “Son capaz de demostrar algunha das cualidades que forman parte do froito do espírito de Deus?”. Por exemplo, quizais notases que agora es máis paciente cos demais que antes de coñecer a verdade. O certo é que canto máis aprendas a demostrar estas cualidades, máis claro terás que contas coa aprobación de Xehová (mira o recadro “O froito do espírito é...”).

Un irmán axuda a unha irmá maior recolléndolle as cousas que lle caeron da bolsa da compra.

Como podemos darnos conta de que temos o favor de Xehová? (Ver o parágrafo 15).


“O froito do espírito é...”

Para saber máis sobre cada unha das cualidades do froito do espírito de Deus, analiza a serie de nove artigos de A Atalaia (dispoñibles en español) (Gál. 5:22, 23).

  • “El amor: una valiosa cualidad” (w17.08-S)

  • “El gozo: una cualidad que viene de Dios” (w18.02-S)

  • “La paz: ¿cómo podemos conseguirla?” (w18.05-S)

  • “La gran paciencia: aguantar sin perder la esperanza” (w18.08-S)

  • “La benignidad: una cualidad que se demuestra con palabras y acciones” (w18.11-S)

  • “La bondad: cómo cultivarla” (w19.03-S)

  • “La fe nos fortalece” (w19.08-S)

  • “La apacibilidad: una cualidad que nos beneficia” (w20.05-S)

  • “El autocontrol: una cualidad necesaria para agradar a Jehová” (w20.06-S)

16. A quen usa Xehová para predicar as boas noticias, e como te fai sentir isto? (1 Tesalonicenses 2:4).

16 Xehová confíalles as boas noticias a aqueles que teñen a súa aprobación (le 1 Tesalonicenses 2:4). Fíxate en como unha irmá chamada Jocelyn se convenceu disto mentres participaba na predicación. Un día, levantouse moi desanimada. “Sentía que non tiña forzas e que non valía para nada” di ela. “Pero era pioneira e tiña aquel día apartado para a predicación. Así que fixen unha oración e fun predicar”. Aquela mañá Jocelyn encontrou a Mary, unha muller moi amable que aceptou un curso da Biblia. Meses máis tarde, Mary dixo que lle estivera pedindo axuda a Deus en oración cando Jocelyn a visitou. Que aprendeu Jocelyn desta experiencia? Ela conta: “Sentín coma se Xehová me estivese dicindo: ‘Tes a miña aprobación’”. Por suposto, non todos quererán escoitar a mensaxe que levamos. Pero podemos estar seguros de que a Xehová lle comprace que fagamos o máximo posible para compartir as boas noticias con outros.

Dúas irmás de pé xunta o expositor portátil predicándolle a unha rapaza.

Como podemos darnos conta de que temos o favor de Xehová? (Ver o parágrafo 16).c


17. Que aprendes do que dixo Vicky sobre o rescate? (Salmo 5:13 [5:12, TNM]).

17 Xehová fai que se beneficien do rescate as persoas que teñen a súa aprobación (1 Tim. 2:5, 6). Pero que pasa se, a pesar de poñer fe no rescate e estar bautizado, no fondo non sentes que teñas o favor de Deus? Recorda que non sempre nos podemos fiar dos nosos propios sentimentos, pero si que podemos confiar en Xehová. El considera xustas as persoas que poñen fe no rescate e promete bendicilas (le Salmo 5:13 [5:12, TNM]; Rom. 3:26). Meditar no valor do sacrificio de Xesús axudoulle a Vicky. Un día, despois de reflexionar profundamente, chegou á seguinte conclusión: “Xehová foi paciente comigo durante moito tempo [...]. Porque, en realidade, o que lle estaba dicindo era: ‘É imposible que ames unha persoa coma min. O sacrificio do teu Fillo non é suficiente para cubrir os meus pecados’”. Grazas a pensar detidamente no regalo do rescate, Vicky empezou a sentir que Xehová a amaba. Nós tamén poderemos sentir o amor e a aprobación de Xehová se meditamos no rescate.

Un irmán en prisión visualizando a Xesús colgado no madeiro de tortura.

Como podemos darnos conta de que temos o favor de Xehová? (Ver o parágrafo 17).


18. Se amamos o noso Pai celestial, de que podemos estar seguros?

18 Aínda que nos esforcemos por aplicar o que aprendemos neste artigo, pode que ás veces nos sintamos desanimados e nos preguntemos se temos o favor de Xehová. Se nos pasa isto, recordemos que el lles dá a súa aprobación “ós que o aman” (Sant. 1:12). Así que sigamos achegándonos a Deus e fixándonos en tódalas formas nas que el nos demostra que está contento con nós. Nunca nos esquezamos de que Xehová “non está lonxe de cada un de nós” (Feit. 17:27).

QUE RESPONDERÍAS?

  • Por que senten algúns que non teñen a aprobación de Xehová?

  • Como nos fai saber Xehová que está contento con nós?

  • Como podemos estar seguros de que temos a aprobación de Xehová?

CANCIÓN sn 69 Ensíname os teus camiños

a DESCRICIÓN DA IMAXE: Representación

b DESCRICIÓN DA IMAXE: Representación

c DESCRICIÓN DA IMAXE: Representación

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir